Xosé Manuel Piñeiro “Superpiñeiro” será o pregoeiro das Festas do Carballiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalO Carballiño
A-
A+

O popular presentador da TVG Superpiñeiro será o encargado de ler o pregón das Festas de Setembro no Carballiño. Finalmente o televisivo Piñeiro acudirá á vila do Arenteiro, aínda que realizando un pequeno cambio de horario, para poder compaxinar o seu traballo na televisión autonómica e o encontro cos veciños e visitantes do Carballiño.

Finalmente o pregón será ás 18:00 horas, na Praza Maior, no palco da música, que estará xa instalado para esa hora.
Desta forma comezarán as festas do Carballiño, en honor ao seu santo patrón San Cibrao, que se prolongarán ata o próximo 18 de setembro, contando no seu programa con actuacións como a do DJ e cantante Henry Mendez e a orquestra Panorama.

11 de setembro de 2013 | 19:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.