publicidade hoxe

Xornadas de promoción dos bolos para os alumnos/as do Ies Illa de Sarón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalXove
A-
A+

Un ano máis, e antes de comezar a  XXVª Tirada de Bolos Concello de Xove, o Concello de Xove, a través da súa Concellería de Deporte,  xunto co IES Illa de Sarón de Xove, organizan unhas XORNADAS destinadas a promocionar o xogo dos bolos entre os alumnos/as da ESO do  IES Illa de Sarón.

Estas Xornadas véñense celebrando dende hai varios anos, contándose para o mesmo, como xa dixemos, coa colaboración do IES, máis concretamente co departamento de  Educación Física do IES que dirixe Xabi Bouza.

Pola Xornada van pasar tódolos alumnos/as do IES, e nas mesmas se lles van explicar os fundamentos  deste xogo autóctono, e todos terán, asimesmo, a oportunidade de xogar.

As xornadas van ter, polo tanto, unha doble vertente, con explicacións teóricas a cargo do Técnico de Cultura Mario Eijo, e unha parte práctica a cargo do xogadore Modesto Albo, o xogador máis veterano do Concello de 83 anos, quen se vai a encargar de explicarlles de forma práctica como se tira, como hai que coller a bola, etc.

O programa destas Xornadas, que se vai desenvolver durante os dias 30 de setembro e 1 de outubro,  é o seguinte

Horarios:

Luns 30 de setembro:

– 13:40 a 14:30 horas:  2º de ESO (18 alumnos/as)

-16:30 a 17:20 horas: 4º de ESO (16 alumnos/as)

-17:20 a 18:10 horas: 3º de ESO ( 14 alumnos/as).

Martes 1 de outubro:

– 9:00 a 9:50 horas: 1º de ESO ( grupo de 15 alumnos/as).

-9:50 a 10:40  horas: 1º de ESO (grupo de 15 alumnos/as)

O lugar onde se están desenvolvendo estas Xornadas é a BOLERA DO  CAMPO MUNICIPAL DE FÚTBOL DE XOVE, dado que está ubicado practicamente ao lado do IES Illa de Sarón.

O obxectivo destas Xornadas, amáis da promoción deste deporte en sí,  é o de incorporar novos xogadores/as á Liga de Bolos Municipal, dado que hai uns anos tivemos un baixón no número de xogadores ao retirarse moitos dos vellos xogadores e non haber relevo; debido a isto, o Concello hai 14 anos decidiu crear unha Liga Sub 18 co fin de ir preparando xogadores/as que puideran cubrir as vacantes producidas polas citadas retiradas de vellos xogadores.

Lóxicamente, por idade, o mellor sitio onde se poderían atopar novos xogadores sería o IES, dado que os alumnos/as da ESO  teñan unha idade ideal para comezar neste xogo.

Dende o Concello só nos queda agradecerlle ao IES Illa de Sarón, así como a Modesto Albo, toda a colaboración prestada na organización desta Xornada.

27 de setembro de 2013 | 17:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.