Xian Silva e Sabela López participarán no Campionato de Europa xúnior de taekwondo

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Deportes ▼
A-
A+

Os galegos Xian Silva (-73, Mace Sport) e Sabela López (+68, Patiño) participarán no 19º Campionato de Europa Xúnior, que se celebrará entre os días 25 e 28 de setembro en Vila Nova de Gaia (Portugal) coa participación de máis de catrocentos deportistas. A selección española viaxou hoxe en dirección a Portugal onde a competición comezará o mércores e precisamente coa presenza no tapiz da galega Sabela López. A quenda para Xián Silva será o sábado, último día do Campionato, no que buscará facer un bo papel. No Europeo de Portugal participarán un total de 418 deportistas pertencentes a 45 países. Aproveitando que o torneo se celebra cerca de Oporto, afeccionados e amigos tentarán desprazarse hasta Vila Nova de Gaia para acompañar aos nosos deportistas.

Concentración e preselección. Estes deportistas e Pablo Fernández (+78) estiveron concentrados dende o martes 20 de agosto ata o día 30 en Madrid, preparando o Open de Polonia e o Europeo. O Open de Polonia foi decisivo para seleccionar ao taekwondista que participaría no Europeo no caso onde había dous deportistas por peso. Precisamente nesa situación atopábanse Pablo Fernández (+78) e Sabela López (+68), pero só Sabela López logrou a praza para o Europeo.

23 de setembro de 2013 | 17:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.