Xian Silva convértese en subcampión de Europa xúnior

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Deportes ▼
A-
A+
Xian Silva no podio

Xian Silva no podio

O galego Xian Silva (-73, Mace Sport) proclamouse hoxe subcampión de Europa xúnior, no campionato celebrado este días en Vila Nova de Gaia (Portugal) coa participación de máis de catrocentos deportistas.

Non era unha competición sinxela a de Xián polo nivel e a enorme participación. Na rolda preliminar comezou enfrontándose ao croata Luka Horvat, ao que superou por un resultado de 5-3. O seguinte combate foi o máis apertado contra o ruso Sergei Smirov (3-4).

E a partir de aí as cousas foron máis fáciles para o galego. Nos cuartos foi moi superior a Edward Luft (Alemaña) ao que eliminou por un amplo marcador de 9-2, e nas semifinais enfrontouse ao polaco Karol Holubowicz, ao que tamén gañou con certa facilidade (9-3).

Na final esperáballe o italiano Roberto Botta, que superara nas semifinais a Oleksandr Slynko (Ucraína) por un apertado 8-9. Pero no último combate, Botta foi superior e logrou o ouro (16-6), mentres que Silva quedou na segunda posición e logrou a medalla de prata, tras facer un excepcional campionato.

28 de setembro de 2013 | 22:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.