Xa na rúa o trailer da Pasarela “Amodiña” do Morrazo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangasLocal
A-
A+

Xa saiu á luz o video promocional da 2ª edición da Pasarela “Amodiña” do Morrazo, un fantástico traballo realizado polo equipo de GF-Studio que a partir de hoxe quedou publicado en Internet e comeza a expandirse polas redes sociais.

Trala publicación do cartel de estilo cinematográfico, tamén creatividade de GF-Studio, chega o momento deste “trailer”, un video de 42 segundos en clave de humor que convida ao público a asistir á película final o dia da Pasarela. Só ali se poderá ver a historia completa, com moitas sorpresas.

Poderase acceder a este video con calquer dispositivo móvil a través dos códigos QR insertados en toda a cartelería, anuncios en prensa e estructuras publicitarias na rúa. Bastará con escanear o código e disfrutar do video de inmediato en calquer parte, así como gardalo ou compartilo cos amigos.

O video foi rodado nunha mesma xornada en diferentes emplazamentos, pero coa Praia da Xunqueira de Moaña como escenario principal. Agora trabállase na montaxe final desta producción que se proxectará no transcurso da Pasarela Amodiña. Os actores que o protagonizan forman parte da plantilla de modelos profesionais que o 21 de setembro lucirán as prendas do comercio do Morrazo na Pasarela Amodiña. Todos eles pertencen á Agencia Luena.

12 de setembro de 2013 | 16:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.