Vincios celebra a súa Festa do Socio con diversas actividades culturais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomarLocal
A-
A+

A parroquia de Vincios celebra este fin de semana a súa Festa do Socio, incluída dentro da programación de verán da Concellaría de Cultura do Concello de Gondomar.

Os actos da Festa darán comezo o sábado 7 coa proxección da película infantil Las Aventuras de Tadeo Jones, ás 22.30 horas. A programación continúa o domingo 8 cun concerto do grupo Pelepau, ás 13.00 horas; e teatro, ás 18.00 horas coa peza Cortos de teatro do Grupo de Teatro Fillos da Moura.

5 de setembro de 2013 | 18:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.