Vigo ofrece actividades de concienciación social coa igualdade

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Local ► Vigo ▼
A-
A+

A concelleira de Igualdade, Isaura Abelairas, presentou hoxe a programación das actividades que se desenvolverán no Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo e na Casa das Mulleres ao longo deste último cuatrimestre do ano 2013. Durante a rolda de prensa, Abelairas explicou que o obxectivo é crear e manter espazos estables de participación para as mulleres de Vigo; promover a existencia dun tempo e un espazo propio para as mulleres; fomentar o asociacionismo feminino; así como formar, sensibilizar e concienciar á ciudadanía en materia de xénero e igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

O programa do Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo, explicou, continuará desenvolvendo distintas actividades, que acadaron éxito en edicións anteriores:

PRESENTACIÓNS DE LIBROS, unha presentación mensual, que se inicará coa presentación o xoves 17 de outubro ás 19:00 h, do libro “HISTORIAS DE CRAZY BAR Y OTROS RELATOS DE LO IMPOSIBLE”, das autoras Lola Robles e Concepción Regueiro.
En novembro: o xoves 7 de novembro ás 19.00 h presentación do libro ” Quiero mi vida” da autora Carmen Novo Colldefors.
En decembro: o mércores 4 de decembro ás 19:00 h presentación do libro ” Carne de Leviatán” da autora Chus Pato.

FALADOIROS DE LIBROS, neste cuatrimestre haberá dous:
O faladoiro do libro “Feminismos” con María Reimóndez o xoves 3 de outubro ás 19:00 h.
O faladoiro do libro ” Destinada al crematorio” con Pablo Iglesias o xoves 12 de decembro ás 19:00 h.

CAFÉS LITERARIOS DO CLUB DE LECTURA. Realízanse un mércores ao mes, neste período están previstos 3: o 25 de setembro, o 30 de outubro e o 27 de novembro. Neles participan as mulleres que previamente están inscritas no Club de Lectura.

O CLUB DE LECTURA, confórmano un grupo estable e permanente de persoas inscritas previamente. As persoas que forman parte deste grupo, reciben en préstamo os libros incluídos na programación.
As sesións realízanse os último mércores de cada mes.

O CLUB DE LECTURA, conta con relatoras diferentes cada mes, mulleres escollidas dos distintos ámbitos sociais e culturais da cidade(mestras, profesoras, universitarias, políticas, escritoras, sindicalistas, xornalistas,…

VIDEOFORUM, organizado en colaboración coa Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo.
Neste cuatrimestre proxectaranse un total de 4 títulos:o día 24 de setembro ” El Cairo 678″do director Mohamed Diab
O día 24 de outubro “Las hermanas de la Magdalena” do director Peter Mullan.
O día 21 de novembro “Morir de pie” do director Jacaranda Correa.
O día 17 de decembro ” Hedwig and the Angry Inch” do director Cameron Mitchell.

CICLOS DE CHARLAS, “NOVAS CREADORAS, NOVOS VALORES “.

O CICLO contará coa presenza de: UXÍA SENLLE, ANNA AMORÓS E MAR CALDAS , que intervirán presentando a mulleres mozas que incian as súas carreiras profesionais na MÚSICA, NO CINE OU NA ARTE, relatando ademáis desde a súa experiencia persoal o papel e a presenza das mulleres nestas tres disciplinas: música, cine e arte.

CICLOS DE CHARLAS, “HISTORIAS VIVIDAS… E CONTADAS POLAS SÚAS PROTAGONISTAS”

O CICLO contará coa presenza de:

TARSY CARBALLAS, CARMEN KRUCKENBERG, MARGARITA VINAS E MARGARITA CABALLERO

A responsable municipal de Igualdade estivo acompañada de 3 das monitoras que impartirán distintos obradoiros na Casa das Mulleres: Rosa Faraldo, psicóloga, monitora do módulo de Igualdade; Pilar Lorenzo, terapeuta da Risa e responsable do Club da Risa e María Soliño, licenciada en belas artes,monitora do obradoiro Retrat-Arte. O Centro de Documentación e Recursos feministas está situado na rúa Joaquín Yáñez, 6, no segundo andar da Biblioteca Pública Central, cun horario de luns e venres de 11:00 a 13:00 h e martes, mércores e xoves de 16:30 a 20:30 h.

O Centro de Documentación e Recursos Feministas é un servizo municipal adscrito ao servizo de Igualdade, inaugurado en marzo do ano 2010. É un servizo de xestión de información, documentación, e materiais de traballo sobre muller, xénero e igualdade dirixido ao público en xeral ou a persoal especializado e interesado nas citadas temáticas.

Pola súa banda, a Casa das Mulleres organizará neste último cuatrimestre de 2013 as seguintes actividades:

PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL “APUNTAMENTOS PARA UN FILME”, que recolle testemuños dos que agroman as personaxes da ficción do filme A cicatriz Blanca. Presentación e coloquio a cargo de Margarita Ledo , guionista e directora do filme. O mércores 18 de setembro ás 19:30 h.

OBRADOIROS FORMATIVOS. As persoas interesadas poderán inscribirse na Concellería de Igualdade a partir deste venres día 20 ata cubrir prazas

Ademais, neste cuatrimestre desenvolveranse 4 OBRADOIROS.

” RETRAT-ARTE”, impartido por María Soliño González, Licenciada BelasArtes.

Obxectivo: a través do debuxo someter a xuízo a nova valoración persoal e a compararemos co que poden observar as e os demais de nos. Utilizar a caricatura para aprender a “rirnos” de nós mesmas, sen complexos. Non é necesario dispoñer de coñecementos artísticos previos.

” TEATRO LIDO “, impartido pola actriz Uxía Blanco.

Obxectivo: a través da lectura de textos teatrais coñeceremos e valoraremos a nosa propia valía, favorecendo as interrelacións en grupo e vencendo o medo a falar en público…

” XÉNERO E IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES. ANÁLISE DOS FACTORES QUE INTERVEÑEN NA DESIGUALDADE”, impartido pola psicóloga Rosa Faraldo.

Obxectivo: visibilizar e identificar dun xeito práctico as desigualdades de xénero existentes nos distintos ámbitos e esferas das nosas vidas e reflexionar sobre as repercusións e consecuencias que estas diferenzas teñen na vida de mulleres e homes.

” COMUNICACIÓN EN CLAVE DE XÉNERO. ESTRATEXIAS PARA A UTILIZACIÓN DUNHA LINGUAXE INCLUSIVA”, impartido pola xornalista Ana Belén Puñal.

Obxectivo: detectar e desvelar o sexismo implícito na linguaxe así como facilitar estratexias para o emprego dunha linguaxe inclusiva na comunicación oral e escrita.

UN CLUB DA RISA, coa finalidade de promover a saúde física, mental, emocional e social a través da risa, o club fomenta o desenvolvemento de fortalezas humanas como a risa, a creatividade, o optimismo, a empatía, facendo especial fincapé en sentimentos positivos como o autoaprecio, a cooperación e a alegría de vivir.

AULA ABERTA DE INFORMÁTICA, posta en marcha no 2012 e ampliada agora a 3 tardes á semana. Con un apoio directo a aquelas mulleres que queiran achegarse ao mundo das novas tecnoloxías.

UNHA SALA DE EXPOSICIÓNS CUNHA PROGRAMACIÓN QUINCENAL, por exemplo o próximo mes de novembro do 4 ao 15 estará a mostra “A CIENCIA TEN NOME DE MULLER”, elaborada polo IES Porta da Auga de Ribadeo, e do 18 ao 29, terá lugar a ” MOSTRA DE TRABALLOS REALIZADOS POLO ALUMNADO VIGUÉS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO”, ambas exposicións organizadas pola Concellería de Igualdade.

16 de setembro de 2013 | 15:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.