Vigo adxudica 5 vivendas con aluguer de balde para familias desafiuzada sen Navia
O Concello dispuxo sete vivendas de titularidade municipal en Navia para familias desafiuzadas da súa vivenda habitual ou en proceso de desafiuzamento. Tras a aprobación da listaxe definitiva, serán cinco a ocupar con aluguer a “coste cero”, indicou Caballero, ao non cumprir as catro solicitudes restantes coas bases.
O goberno de Vigo requeriu para optar que a vivenda desaloxada estivera en Vigo, que o desafiuzamento derive dunha execución hipotecaria dun préstamo menor a 180.000 euros, que as familias non gocen de vivenda en propiedade, teñan unha rendas baixas e estean empadroados na cidade.
Os beneficiarios son tres unidades familiares con fillos -unha xa desafiuzada e as outras dúas próximas a ter que abandonar a vivenda-, unha muller en paro cun fillo e outro home en situación “tamén dramática”, explicou o alcalde. Caballero apuntou que os dous pisos que quedaron sen adxudicar serán postos novamente a concurso público, quizá ampliando os requisitos para facilitar o acceso das familias.
Xerencia de Urbanismo
Noutros asuntos abordados na sesión do Consello celebrada este venres, o Concello de Vigo concedeu dez axudas á rehabilitación por importe de 24.500 euros para unha vivenda na rúa Chao e un edificio de nove pisos na rúa Real. Por outra banda, a Xerencia municipal de Urbanismo concedeu esta semana 26 licencias de obra e 4 de actividade para un investimento total de 364.000 euros.











