publicidade hoxe

Vedra organiza unha ruta ecoturística en bicicleta polos viñedos da Ribeira do Ulla

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVedra
A-
A+

Se queres probar un plan diferente, propoñemosche un paseo en bicicleta entre viñedos, cunha degustación de viños acompañada de produtos da zona e unha explicación dos diferentes procesos de vendima e da elaboración dos caldos.

A túa experiencia vitivinícola iniciarase cunha ruta en bicicleta entre viñedos acompañado/a por un guía que che indicará o camiño ademáis de ofrecerche información da zona e da cultura do viño. Tras isto, visitarás unha adega e explicaranche o seu funcionamento e proceso de elaboración. A continuación realizarás unha degustación dos viños, que poñerá o punto e final a esta xornada donde ao tempo que desfrutas do deporte coñeces o mundo da vinicultura.

Lugar: Concello de Vedra. Centro de Dinamización e Promoción Municipal “Casa dos Peóns”

Capacidade: Grupos de entre 4 e 10 persoas (máis de 10 persoas consultar)

A ruta inclúe: bicicleta, casco, botellín de auga, visita + degustación en adega de viños e produtos da zona e guía local.

Duración: 4 horas (do 15 de setembro ao 20 de outubro)

Prezo: 15 € persoa.

Opcional: comida en establecementos da ruta.

18 de setembro de 2013 | 18:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.