Varios artistas galegos e 11 concertos de primeiro nivel participarán no Festival de Jazz da Coruña
A tenente de alcalde de Cultura, Ana Fernández, acompañada polo xerente do Consorcio para a Promoción da Música da Coruña, Andrés Lacasa, presentou unha nova edición do festival de jazz, Jazzatlántica, que se celebrará na cidade do 21 de outubro ao 27 de novembro co principal obxectivo de achegar a coruñeses e visitantes o mundo do jazz, un estilo musical que forma parte do ADN da cidade e conta con numerosos afeccionados” “dende hai máis de 30 anos”, destacou Fernández.
Así, o Concello, a través do Consorcio para a Promoción da Música, ofrece 11 concertos de primeiro nivel internacional, tres máis que na primeira edición:
– Joe Lovano Saxophone Summit con Dave Liebman & Ravi Coltrane.
Luns 21 de outubro, 21.00 horas. Teatro Rosalía Castro.
– OSG Jazz Band & Cennet Jönsson.
Martes 29 de outubro, 21.00 horas. Teatro Rosalía Castro.
– Michel Camilo.
Mércores 30 de outubro, 21.00 horas. Pazo da Ópera.
– Medeski, Martin & Wood.
Luns 4 de novembro. 21.00 horas. Teatro Rosalía Castro.
– C.S.M. Coruña Bi Band & Jorge Prado (director: Kim García).
Mércores 6 de novembro. 21.00 horas. Teatro Rosalía Castro.
– Gregory Porter.
Luns 11 de novembro. 21.00 horas. Teatro Rosalía Castro.
– Tusto Valdés & Afro Cuban Messengers.
Mércores 13 de novembro. 21.00 horas. Teatro Rosalía Castro.
– Marcos Pin.
Luns 18 de novembro. 21.00 horas. Teatro Rosalía Castro.
– Tygran Hamasyan.
Mércores 20 de novembro. 21.00 horas. Teatro Rosalía Castro.
– Verónica Ferreiro.
Luns, 25 de novembro. 21.00 horas. Teatro Rosalía Castro.
– Martin Taylor.
Mércores, 27 de novembro. 21.00 horas. Teatro Rosalía Castro.
“O festival de jazz da Coruña será unha oportunidade única para gozar en directo de referentes e de figuras mundiais desta disciplina. Ademais, tamén será o escenario da estrea en España de varios traballos discográficos e das actuacións de figuras internacionais do jazz que visitan por primeira vez Galicia”, explicou Fernández.
Así, en Jazzatlántica poderase escoitar en primicia: Visitation, de Joe Lovano e Saxophone Summit; What ´ s up, de Michel Camilo; Liquid Spirit, de Gregory Porter; e o Shadow Theater, de Tigran Hamasyan. Ademais, Cennet Jöhnson presentará, xunto á OSG Jazzband, a estrea duns arranxos dun encargo que lle fixo a London Philharmonic en 2004; e vaise poder escoitar por primeira vez en Galicia a Saxophone Summit, Gregory Porter e Medeski Martin & Wood. “Ademais, como en todos os eventos que se celebran dende a Concellaría de Cultura, non podemos deixar de contar con artistas galegos: Marcos Pin e Verónica Ferreiro”, destacou Ana Fernández.
Ademais, na liña de formación que mantén a Concellaría, Jazzatlántica ampliará as súas colaboracións coa Escola de Música e o Conservatorio Superior de Música (CSM) con masterclass de jazz-flamenco e guitarra a cargo de Jorge Pardo e Martin Taylor, así como co Pub Filloa mediante a organización de jam sessions despois dalgúns concertos.
. Concerto + Jam Session de alumnos do CSM da Coruña.
4, 11, 18 e 25 de novembro. 23.00 horas. Pub Filloa.
Massterclass
– Jorge Prado (Flamenco-jazz): 7 de novembro. Conservatorio Superior de Música. 12.00 horas.
– Martin Taylor (Guitarra): do 25 ao 27 de novembro. Escola Municipal de Música. De 17.30 a 19.00 horas.
“Jazzatlántica é unha das mellores formas de converter á cidade nun referente cultural e da música en directo”, concluíu Ana Fernández, quen destacou o interese do Goberno municipal por deseñar unha programación de concertos ecléctica, “que engloble estilos para todos os públicos”.
Venda de aboamentos
a tenente de alcalde de Cultura explicou que os aboamentos para Jazzatlántica se poñerán á venda o 20 de setembro para os subscritores de 2012, o día 23 para Amigos da OSG e o 24 para novos subscritores nas oficinas da Orquestra Sinfónica de Galicia no Pazo da Ópera -en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas-; e no servizo de venda de entradas de Novagalicia Banco -no teléfono 902 43 44 43, en horario de 08.00 a 22.00 horas-. Finalizado o prazo para a compra de aboamentos, abrirase o período para a venda de localidades a partir do mércores, 25 de setembro. As entradas poderanse adquirir en:
– www.novagaliciabanco.es
– O servizo de venda de entradas de Novagalicia Banco: no número de teléfono 902 43 44 43, ata 24 horas antes de cada espectáculo, en horario de 08.00 a 22.00 horas, de luns a domingo.
– O despacho da praza de Ourense: en horario de 09.30 a 13.00 horas e de 16.30 a 19.30 horas, de luns a venres, agás festivos.
– O mesmo día da actuación no Teatro Rosalía (de 12.00 a 14.00 horas e de 18.00 horas ata que comece o espectáculo) e no Pazo da Ópera (de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 horas ata o comezo do espectáculo).
O prezo das localidades soltas oscila entre os 10 e os 15 euros. Pola súa banda, os aboamentos custarán 148,5 euros (cun 20% de desconto sobre o prezo das localidades soltas).











