Varias rúas do casco histórico de Ferrol serán peatonalizados de xeito permanente
O Goberno Municipal, que preside José Manuel Rey Varela, decidiu hoxe a peonalización permanente das rúas Pardo Baixo; María, no tramo entre Terra e Concepción Arenal; e Magdalena, entre Rubalcava e Terra. Esta medida, que entrará en vigor de maneira inmediata, permitirá aos hostaleiros que o soliciten, colocar as súas terrazas durante todo o ano.
O concelleiro de Economía, Facenda e Recursos Humanos, Alejandro Langtry Caínzos, manterá unha reunión cos hostaleiros da zona do casco histórico da cidade para concretar os horarios nos que poderán instalar as mesas e cadeiras na rúa durante todo o ano e non soamente durante a temporada estival. Langtry Caínzos avanzou que na aplicación desta medida de peonalización terase en conta facilitar óss residentes o acceso en vehículos aos seus inmobles; e, ademais, se terá en conta a carga e descarga e o acceso de vehículos de servizo.
Con esta iniciativa, o Concello de Ferrol avanza no proceso de peonalización das rúas do barrio da Magdalena, un dos compromisos recollidos no proxecto de cidade Ferrol 2020. O obxectivo é mellorar a mobilidade, gañar espazos para os peóns e contribuír á dinamización do comercio e a hostalería locais.











