Uxía Senlle presenta o seu último traballo “Rosalía Pequeniña” en Neda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalNeda
A-
A+

A Casa da Cultura acollerá o mércores, 25 de setembro, a actuación musical de Uxía Senlle, que presentará en Neda o seu último traballo, “Rosalía Pequeniña”. Un disco-libro con poemas de Rosalía musicados pola cantante. O concerto dará comezo ás seis e media do serán, con entrada libre e gratuíta. A actividade forma parte do programa Falaredes, da Rede de Dinamización Lingüística da Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia.

Uxía Senlle interpretará textos musicados con melodías variadas e actuais co obxetivo de que mozos e maiores canten en familia, durante e despois do concerto, textos en galego interpretados a ritmo de muiñeira, rock, balada ou blues. E, aínda que a maioría son de Rosalía, tamén se inclúen obras de Curros Enríquez e Luis Emilio Batallán.

Por último, o Concello anima á veciñanza a acudir á Casa da Cultura e disfrutar da música máis intimista de Uxía Senlle.

23 de setembro de 2013 | 17:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.