Uns 200 xogadores protagonizan a presentación das escolas deportivas municipais de Ordes

Presentación das escolas de fútbol
A Cidade Deportiva de Vista Alegre foi o escenario para a presentación das escolas deportivas municipais de fútbol do Concello de Ordes, que tivo lugar na tarde de onte. En total foron máis de 200 os xogadores convocados a este acto, todos eles pertencentes ás categorías alevín, infantil, cadete, benxamín, prebenxamín, xuvenil e biberón. Ao acto acudiron numerosos pais, nais, familiares e amigos, ademais dos máximos responsables e técnicos de cada unha das alineacións, encabezados polo alcalde de Ordes, Manuel Regos.











