publicidade hoxe

Unha xornada de voluntariado en Ponte do Porco tratará a eliminación de especies invasoras na zona Red Natura

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMiño
A-
A+

Co obxectivo de fomentar as iniciativas de protección do territorio, a Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos e a Fundación Fragas do Mandeo, organizan Co obxectivo de fomentar as iniciativas de protección do territorio, a Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos e a Fundación Fragas do Mandeo organizan a II Semana de Custodia do Territorio nas Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, na que desenvolverán diversas actividades: conferencias, accións de voluntariado e xornadas de campo.

Esta segunda edición, que se celebrará a finais de setembro e principios de outubro, ten como finalidade dar a coñecer unha serie de iniciativas nas que a ciudadania se implica directamente na conservación do patrimonio cultural e etnográfico da súa bisbarra, mediante actuacións de apadriñamento e de custodia do territorio. O obxectivo é fomentar no territorio da nosa reserva da biosfera o voluntariado ambiental a través de exemplos concretos, de forma que os cidadáns tambien se animen a comprometerse e sintan a satisfacción de participar en accións directas e eficaces para mellorar o noso medio.

Do mesmo modo que na primeira edición, a Semana está organizada conxuntamente pola Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos e por Fragas do Mandeo. O financiamento corre totalmente A Cargo de Mariñas-Betanzos, pois Fragas do Mandeo destina o 100% das doazóns que recibe a comprar parcelas de monte de interese ambiental e, polo tanto, non dispón de medios económicos propios para actos deste tipo.

A fundación organizadora espera que a oferta anime a participar nelas a un público moi variado, pois ampliaron significativamente o número e tipo de actividades con respecto ao ano pasado.

A primeira das actividades de voluntariado comeza o próximo domingo, 22 de setembro. Trátase de: Voluntariado en ponte do Porco.
Data: Domingo 22 de setembro, de 9:30 a 14:00 horas.

Lugar: Praia da Alameda (Ponche do Porco, Miño).

Durante a xornada do domingo os voluntarios participarán nos traballos de eliminación das especies exóticas invasoras que ameazan a biodiversidade da praia da Alameda e, ao mesmo tempo, na limpeza da praia. “Hace dous anos xa arrancamos moitos plumeiros, pero dende entón naceron outros. O máis efectivo é arrancalos cando son novos, ademais de supoñer menos traballo,” sinalan dende a fundación.

Para apuntarse nas xornadas de voluntariado, os interesados deben poñerse en contacto coa organización no teléfono 981 669 541 ou envíar un correo electrónico a info@marinasbetanzos.org. Deste modo reservarán praza no autobús, terán un seguro de accidentes e recibirán indicacións detalladas.

As actividades programadas para as seguintes xornadas son:

Setembro

– Día 26 de setembro. Conferencia: Para que serven as aves? (Salón Azul do Liceo de Betanzos)

– Día 28 de setembro. Xornada Custodia do territorio e apadriñamento: A implicación cidadá na conservación de lanatureza (Salón Azul do Liceo de Betanzos)

– Día 29 de setembro. Xornada de Voluntariado: Limpeza simultánea dos ríos galegos (limpeza do río Mendo, dende a ponte Das moas ata Roibeira – Betanzos)

Outubro

– Día 5 de outubro. Xornada de Voluntariado: Deas-eucaliptización nas Fragas delrío Mandeo

– Día 6 de outubro. Excursión: Visita á Lagoa de Sobrado

16 de setembro de 2013 | 17:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.