Unha nova maestra incorporarase á plantilla do colexio Arealonga
A concelleira de Educación, Rocío Llovo, comunicou a primeira hora da tarde de hoxe aos pais e nais do colexio Arealonga que unha nova profesora se incorporará mañá ao centro para cubrir a vacante consecuencia dunha xubilación. Llovo, que xa fixera xestións previas ante a Inspección da Xunta de Galicia a primeira hora da mañá, tamén recibiu ao grupo de pais dos alumnos dunha clase de primeiro curso de Primaria, aos que lles explicou que xa se interesada polo asunto ante os responsables da Consellería de Educación e que hoxe mesmo esperaba recibir unha resposta.
Esta chegou ás dúas da tarde, cando o Xefe Territorial lle confirmou á edil que xa se tiña realizado o nomeamento dunha nova profesora que mañá se incorporaría ao centro para facerse cargo da clase de Primeiro. Tal como se comprometera, a edil contactou de inmediato cos representantes dos pais para comunicarlles a noticia.











