Unha instalación videográfica da artista Doa Ocampo poderase ver dentro dos Proxectos MIHL

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLugo
A-
A+

Trátase dunha instalación videográfica da artista Doa Ocampo, titulada “Olhar aos olhos, autoconversa”, que se vai proxectar no xardín interior do MIHL.

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, dirixida por Carmen Basadre, inaugurará esta nova actividade dentro dos Proxectos MIHL ás 20.00 horas e poderase visitar ata o día 10 de novembro.

Doa Ocampo fala así a súa obra “á fin e ao cabo, a obra artística en si é respirar, obra na que traballaremos ao longo de toda a nosa vida; un exercicio constante (e insconsciente, moitas veces) de sincronización co medio e de reorganización de qués e porqués, onde o como depende da nosa capacidade de recibir, traducir e utilizar a luz, e onde os puntos se transforman sempre en suspensivos”.

11 de setembro de 2013 | 20:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.