Unha delegación de Río de Janeiro visita A Coruña para tratar temas de emigración e turismo

Negreira coa delegación
O alcalde da Coruña, Carlos Negreira,recibiu no Pazo Municipal de María Pita a unha delegación da Cámara Municipal de Río de Janeiro co obxectivo de tratar temas relacionados coa emigración e o turismo. Acompañounos o alcalde de Santa Comba, Antonio Landeira, municipio irmandado con Río de Janeiro e concello galego con maior número de veciños emigrados a Brasil.











