Un investimento provincial de 300.000 euros irá destinado a máis de 300 clubs deportivos pontevedreses

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPontevedra
A-
A+

 Máis de 300 clubs deportivos da provincia de Pontevedra recibirán achegas por un importe global de preto de 300.000 euros, segundo aprobou esta mañá a Xunta de Goberno da Deputación.

Estas subvencións están destinadas a colaborar no financiamento do deporte de competición federado e beneficiarán, concretamente, a 302 clubs de 47 concellos da provincia, cunha achega de 279.846 euros.

O maior número de clubs beneficiados sitúase na cidade de Vigo, onde recibirán o apoio da Administración provincial 98 clubs e entidades deportivas das máis variadas modalidades. A achega destinada á cidade olívica ascende a preto de 94.000 euros.

Pontevedra é o segundo concello con máis entidades deportivas beneficiadas, xa que se subvencionarán 22 clubs, cunha achega de 21.762 euros. Séguenlle Vilagarcía de Arousa, con 14 clubs e 13.158 euros de subvención; Cangas, con 12 entidades e axudas por un importe de 11.210 euros; e os concellos de Redondela (9.156 euros), Sanxenxo (9.442 euros) e A Estrada (8.436 euros), con 10 clubs beneficiados cada un deles.

30 de setembro de 2013 | 15:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.