Un grupo de participantes de “Espazos sonoros” percorre á D.O. Ribeiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalRibadavia
A-
A+

Un grupo formado por preto de 30 persoas participantes no festival Espazos Sonoros, organizado pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, visitarán hoxe a Denominación de Orixe Ribeiro, nun percorrido organizado polo Consello Regulador.

O programa da xornada dará o seu comezo cunha visita aos viñedos e unha adega da D.O., cunha cata de varios viños, para pasar a realizar un xantar tradicional galego “entre cepas” nunha fermosa paraxe do entorno vitivinícola baseada en polbo e carne ao caldeiro acompañado dos viños branco e tinto da D.O. Ribeiro. Logo farase un percorrido guiado polo barrio xudeu de Ribadavia, para rematar a xornada no concerto de Marcos Teira, ás 20.00 horas no Museo Etnolóxico de Ribadavia.

Con estas iniciativas o Consello Regulador pretende achegar o coñecemento dos viños e da Denominación de Orixe Ribeiro ao público final, así como promover o seu interese enoturístico.

14 de setembro de 2013 | 11:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.