publicidade hoxe

Un ciclo de concertos inaugura as actividades de outono en Cotobade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCotobadeLocal
A-
A+

Bocados de música é a actividade que se desenvolverá durante os meses de setembro e outubro na Casa da Gaita.

A Casa da Gaita é o único museo dedicado exclusivamente a este instrumento, e a todos aqueles outros que acompañan e complementan como base e sostén da música tradicional galega.

É xestionado pola Asociación de Gaiteiros Galegos desde a súa inaguración en 2011, e  está adicada ao seu primeiro presidente o mestre gaiteiro Ricardo Portela. A Casa da Gaita está ubicada na  parroquia natal de Ricardo Portela, na antiga escola unitaria rehabilitada polo Concello de Cotobade para este fin.

Co gallo de difundir a exposición permanente e as actividades que se desenvolven dentro deste recinto, o Concello de Cotobade programou para este comezo de curso anticipado, o programa de Bocados de Música, quen ten a maiores do coñecemento do Museo, a difusión do traballo dos grupos musicais do Concello.

Esta actividade  tamén ten como finalidade promocionar a gastronomía local, xunto coa música e o Museo Casa da Gaita de Viascón.

Neste ano faremos unha mención especial a parroquia de Borela, dando a coñecer o folclore e o gusto polas tradicións musicais que aínda perviven grazas ao tesón dos veciños da parroquia, cos seus coros infantís e os cantares de reis, entre outros.

Estes concertos teñen unha duración curta e a entrada é gratuíta, o obxectivo é a promoción dos grupos e as actividades dos veciños.

O aforo está limitado a unhas 50 persoas máximo.

Ao mesmo tempo, que desfrutan dunha mostra do traballo dos grupos do Concello poderán visitar o Museo e degustar algunha delicia gastronómica propia do Concello, cada día terá mención algún produto propio do concello como a filloa e o requeixo entre outros.

O programa da actividade é o seguinte:

06 de setembro

20:00 Foula

13 de setembro

20:30 Banda Union Musical de Tenorio

20 de setembro

20:00 Catro ventos

27 de setembro

20:00 Trazantes de Tenorio

04 de outubro

20:30 Parroquia de Borela

Todas as actividades terán lugar no Museo Casa da Gaita ? Viascón situado no Lugar de Quintán, 3 – Viascón (Cotobade).

4 de setembro de 2013 | 18:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.