Últimos días para inscribirse nas escolas municipais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalNigrán
A-
A+

O Concello de Nigrán recorda que o prazo de inscrición para o curso 2013/2014 das escolas municipais finaliza o próximo luns 30 de setembro. O éxito deste curso lectivo foi total, colgando o cartel de cheo en practicamente todas as actividades culturais e deportivas. Non obstante, aínda quedan prazas para as modalidades de pintura, música, tai chi e ximnasia de mantemento. Os interesados poderán inscribirse o luns no Pavillón Municipal de Deportes de Panxón, entre as 17.00 e as 21.00 horas.

27 de setembro de 2013 | 18:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.