Tríatlon Ferrol acada o Campionato España de triatlón de relevos femininos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesFerrolLocal
A-
A+

Tríatlon Ferrol repetiu triunfo por segundo ano consecutivo no Campionato de España de Tríatlon de Relevos, na categoría feminina. O club galego volveu hoxe a ser o mellor por diante do Diablillos de Rivas, nun campionato celebrado en Elche.

A especialidade de relevos é unha competición de clubs, no que están representados por equipos de tres triatletas que terán que facer cadanseu mini-tríatlon (300 metros de natación, 8 quilómetros de bicicleta e 2 quilómetros de carreira a pe) e se suman os tempos dos tres deportistas. O equipo do Tríatlon Ferrol estaba formado por Tamara Gómez, a xúnior Laura Gómez (e substitución de Miriam Casillas).

Despois de saír da auga en segunda posición, a ilicitana Tamara Gómez tomou o liderado nun segmento ciclista con subas duras e o equipo do Triatlón Ferrol xa non o soltou o primeiro posto en ningún momento. A triatleta de Elche entregou o relevo á júnior Laura Gómez con máis dun minuto de vantaxe.

A triatleta de Sabadell, que substituía á estremeña Miriam Casillas por unha lesión de cadeira, demostrou estar ao nivel das súas compañeiras de categoría superior. Laura Gómez aumentou aínda máis a distancia coas triatletas que a perseguían no sector ciclista, unha das súas especialidades.

Desta forma, a ferrolá Melina Alonso comezou o seu particular triatlón con máis de tres minutos de vantaxe. A sub-23 do Triatlón Ferrol sobrepúxose ao virus que vén padecendo nos últimos días e cruzou a meta con máis de catro minutos sobre o segundo equipo, repetindo o título logrado en 2012 por Melina Alonso, Tamara Gómez e Miriam Casillas.

21 de setembro de 2013 | 23:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.