Traballos de mantemento nas rúas coruñesas
O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Infraestruturas que dirixe Martín Fernández Prado, informa de que durante a xornada de hoxe se levarán a cabo unha serie de traballos mantemento que poden producir arranques diúrnos en varias zonas da cidade. Estas tarefas, que forman parte do plan de mellora da eficiencia enerxética que puxo en marcha este Goberno local, realizaranse nas seguintes rúas e prazas:
– Cidade Vella.
– Estrada Fuertes (Monte de San Pedro).
– Praza das conchiñas.
– Rúa Corcubión.
– Avenida Pedro Barrié de la Maza (á altura dos Salesianos).
– Avenida Joaquín Planells.
– Avenida de Cádiz.
– Avenida de Montserrat.
– Estrada de Feáns.











