Traballos de limpeza nas pistas forestais de Gondomar
A Concellaría de Vías e Obras do Concello de Gondomar informa de que se están a realizar os traballos de limpeza das pistas forestais afectadas polos incendios que asolagaron Gondomar nas pasadas semanas. Deste xeito, evitarase que a cinza chegue ás casas próximas ou ás estradas e camiños.
Xa se levaron a cabo tareas de limpeza nas parroquias de Couso, Peitieiros e Morgadáns, e estanse a realizar en Donas.











