Tomiño celebra esta fin de semana as festas do Alivio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalTomiño
A-
A+

Tomiño celebra esta fin de semana as Festas do Alivio 2013. Entre os días 13 e 16 de setembro, terán lugar os actos organizados pola Comisión de Festas, e outros, de caracter cívico e cultural, promovidos polo Concello.

O programa da  Comisión de Festas iniciouse hoxe, día 13, cunha salva de bombas de palenque e percorrido polas rúas da vila a cargo de grupos de bombos e gaitas.
Pola noite, actuarán a Orquestra Gran Parada e a cantante Gisela, concursante da primeira edición do programa Operación Triunfo.

Mañá sábado, 14 de setembro, actuarán ao mediodía na Praza do Seixo, a Unión Musical de Valladares e “Trofa”, de Portugal. Pola noite, a verbena correrá a cargo da Orquestra Miramar e haberá unha actuación especial do grupo “La década prodigiosa”.

O domingo 15 será a Banda Municipal de Tui a que ofrecerá un primeiro concerto, na Praza do Seixo, coma parte do Acto Cívico de homenaxe que organiza o Concello a Julia Iglesias Otero, tomiñesa distinguida 2013. A banda acompañará logo ás autoridades ata a ermida, para celebrar os actos relixiosos.

Pola tarde, ás 17.45, haberá unha Exhibición Canina, e as 18.30 un novo concerto da banda de Tui, e ás 20.00, tradicional poxa de roscas e produtos de campo. A verbena correrá a cargo da Orquestra Samba e o cantante de “Recantos” (Luar-TVG), José Pérez, do Rosal.

O luns 16 será o último día dos festexos patronais. A Agrupación Musical de Goián efectuará a súa entrada na Praza do Seixo ás 10 da mañá, e o Quinteto de Acordeóns da Asociación Musical Mascarenhas, da Guarda, actuará ás 18.00 hs.

Ás 19.30, Gran Caravana Automobilística e ás 20.00, Tradicional Poxa de roscas e produtos do campo.
A continuación, a verbena amenizada pola Orquestra París de Noia, e como broche de oro, actuará a cantante galega Lucía Pérez.

O Concello de Tomiño, organizou, pola súa banda, varios actos e a tradicional exposición de pintura de artistas noveis, na Casa da Cultura, que permanecerá aberta ata o luns 16.

13 de setembro de 2013 | 17:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.