Todo listo en Portosín para o arranque do mundial de Platu 25

Alberto Núñez Feijóo durante a inauguración do campionato
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoó foi o encargado de inaugurar o Platu 25 World Championship, o campionato do mundo da clase Platu 25 que ata o próximo sábado se celebra en augas da Ría de Muros-Noia.
Feijóo, que tamén preside o Comité de Honra da cita intercontinental foi o encargado de pechar o acto cerimonial, no que tamén interviñeron o presidente do Real Club Náutico Portosín, Fernando González, quen se encargou de abrilo; o Secretario da Clase Internacional Platu 25, o vigués Fernando Lago; o Deputado Provincial da Coruña, Manuel Ruiz; e o alcalde de Porto do Son, Luís Oujo Pouso.
O presidente da Xunta de Galicia enxalzou os valores de Galicia, merecedores de albergar un mundial destas características, e nas que a calidade dos portos galegos, a súa extensión en litoral, a máis importante de España e a navegabilidade das súas rías, fan da comunidade un dos mellores lugares do mundo para a práctica do deporte da vela.
No inicio da semana, que foi longo debido aos protocolos de medicións que, ata última hora de hoxe luns tiveron que pasar todos os veleiros participantes, logrouse realizar unha primeira manga de adestramento, cun vento moi rolón que ten foise desprazando de esquerda a dereita, non chegando a finalizar esta tras un cambio brusco na súa dirección.
Mañana arranca a competición, a partir das 12 do mediodía, con toda a frota preparada para iniciar a busca do título mundial, nunhas augas galegas que algúns deles xa coñecen, tras celebrarse nestas o campionato galego da especialidade.











