Técnicos municipais exporán aos grupos da oposición os contidos e liñas básicas da revisión do PXOM
O alcalde convocou esta mañá aos grupos da oposición para asistir á reunión explicativa da revisión do Plan Xeral de Ordenación municipal elaborada pola empresa Eptisa. A sesión informativa terá lugar o martes, 8 de outubro no Concello e, ademais de membros do goberno e os representantes dos grupos municipais da oposición, participarán nela o Arquitecto Municipal, e os técnicos de Eptisa.











