Tarefas de mantemento con formigón na zona de Canido

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+

O servizo municipal de Obras, Reparacións e Mantemento do Concello de Ferrol ten programado para hoxe traballos de formigón no barrio de Canido. En concreto, os operarios da empresa “Misturas S.A”, interveñen as rúas Doutor Fleming, Sánchez Barcaiztegui e Almendra.

A empresa adxudicataria deste servizo de mantemento de infraestruturas sinala que a execución dos traballos antes sinalados dependerán das condicións climatolóxicas.

5 de setembro de 2013 | 19:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.