Tarefas de limpeza dos tragantes da rede de pluviais na Torre para previr asolagamentos
A Concellería de Obras e Servizos comezou a semana pasada a realizar labores preventivas para reducir riscos de asolagamentos cando cheguen as choivas. Os traballos desenvolvéronse durante dúas xornadas no barrio da Torre e consistiron na limpeza dos tragantes da rede de recollida de augas pluviais. Para elo, contouse coa colaboración da asociación de veciños da Torre que facilitou ao Concello unha lista e planos cons puntos nos que se soen acumular retencións de augas cando se rexistran precipitacións intensas.
As brigadas de tarde ocupáronse de realizar os traballos de limpeza dos tragantes que, despois do verán e co inicio da temporada de caída de follas acumulan terra e materias que obturan as canalizacións e impiden que a auga alivie de xeito axeitado cando chove. A actuación centrouse naqueles nas zonas baixas nas que conclúen fortes pendentes xerando funís nos que se acumulan as pluviais.
Os traballos continuarán nas vindeiras semanas por outras zonas do municipio para intentar que a rede de recollida de pluviais estea no mellor estado posible para o inicio da temporada de chuvias e tendo en conta que a caída das follas das árbores típica do outono ralentiza os traballos. As labores realizaranse coas brigadas de tarde e en función das necesidades que vaian xurdindo.











