Tarefas de asfaltado na rúa Santiña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPontevedra
A-
A+

A “Operación asfalto” chega esta semana á Santiña, no barrio do Burgo, no tramo comprendido entre as rúas Valentín Paz Andrade e Manuel Murguía. As obras prolongaranse na xornada de mañá e pasado mañá e comezará ás 08.30 horas como no resto de asfaltos incluídos neste programa.

A Policía Local elaborou un plan de tráfico para este asfaltado. Estará prohibido o acceso á Santiña dende Juan Bautista Andrade por Valentín Paz Andrade e Manuel Murguía, pero si se autorizará o paso de residentes dende a Santiña a Juan Bautista Andrade por Paz Andrade, e para todo o tráfico dende a Santiña a Juan Bautista Andrade por Manuel Murguía.

A “Operación asfalto” son traballos de conservación e mantemento de distintas rúas do centro urbano para reparar pavimentos en mal estado, quese van deteriorando co paso do tempo, e especialmente, coas copiosas chuvias do pasado inverno.

Dentro desta operación xa se realizou o asfaltado de Eduardo Pondal, a glorieta de Alexandre Bóveda, a avenida de Bos Aires, diante do pavillón universitario, Conde Bugallal ou Germán Adrio.

A primeira fase vaise desenvolver entre os meses de setembro e outubro, cando está previsto arranxar dez das trinta rúas incluídas no plan. Tamén está en carteira reparar diversos treitos de Loureiro Crespo, A Santiña, Enrique Marescot e Prudencio Landín. O investimento previsto nesta primeira fase é de 500.000 euros.

24 de setembro de 2013 | 17:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.