Talleres gratuítos sobre redes sociais e comercilización online para pymes turísticas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+

A Concellería de Turismo do Concello de Ferrol, que dirixe María del Carmen García Fraga, informou hoxe sobre os talleres gratuítos sobre comercialización online e redes sociais para pymes turísticas, que se realizan os días 23 e 24 de setembro no Parador Turístico de Ferrol. Estes obradoiros están organizados polo Concello de Ferrol en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña e se engloban no convenio de cooperación entre as administración dentro do “Plan para a mellora da competitividade turística”.

Ámbolos dous obradoiros están dirixidos a empresarios e profesionais turísticos, aínda que se quedan prazas libres tamén poderán asistir estudantes de Turismo. Se realizarán dous talleres que versarán sobre diferentes temáticas de actualidade: creación de produtos turísticos, marketing de contidos, comercialización online e redes sociais, para acercar a utilización destas ferramentas ás pymes. Estes cursos, que serán prácticos e personalizados, teñen como obxectivo axudar ao profesional a que traballe diferentes aspectos. O primeiro taller versará sobre a creación de produto turístico e comercialización online, mentres que o segundo estará enfocado ao marketing de contidos para as pymes e como dar a coñecer os teus produtos en internet.

Inscrición

As prazas para os talleres serán limitadas. Os interesados en participar poderán formalizar a súa inscrición enviando un correo electrónico á seguinte dirección: mlopezturismo@ferrol.es , no que deberán indicar o seu nome completo, profesión e cidade de residencia. O prazo para enviar a solicitude de inscrición estará aberto ata o venres día 21 de setembro.

13 de setembro de 2013 | 18:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.