Suspendida a presentación do libro turístico da Eurocidade en sinal de do pola morte dun bombeiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalTui
A-
A+

A presentación do libro turístico da Eurocidade-Tui-Valença previsto para mañá venres, 6 de setembro, suspéndese en sinal de loito pola morte do bombeiro Fernando Reis, da Asociación de Bombeiros Voluntarios de Valença, tras as graves queimaduras sufridas en acto servizo o pasado 29 de agosto.

Dende o Concello de Tui queren amosar as súas condolencias á familia de Fernando Reis, así coma aos Bombeiros Voluntarios de Valença, que dende hai anos son fillos adoptivos de Tui, e a Cámara Municipal de Valença.

5 de setembro de 2013 | 18:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.