Supresión de áreas de estacionamento na rúa Ambulatorio por mor das obras de adecuación do vial

Tarefas de adecuación do vial
O Concello de Carballo informa aos veciños e veciñas de que xa teñen principiado os traballos de mellora da seguridade viaria na rúa Ambulatorio da capital municipal, e que supoñen a renovación dos servizos da vía e a creación dunha beirarrúa na marxe esquerda dende a Rúa Muíño e ata o Centro de Saúde. Os traballos teñen un orzamento de 136.532,52 euros, serán realizados pola empresa Construcciones Ponciano Nieto SL e está previsto que estean rematados no mes de decembro.
Nos próximos días, e mentres duren as obras, está previsto que se supriman as prazas de estacionamento na rúa para seguir permitindo o dobre sentido da circulación. En todo caso, esta supresión realizarase por tramos para tratar de causar as menores molestias posibles. O Concello pide desculpas de antemán polas posibles incomodidades ocasionadas e suxire que os usuarios e usuarias da rúa e do Centro de Saúde empreguen zonas de estacionamento en rúas próximas como a Mendel ou a Darwin. A Policía Local sinalizará os cambios pertinentes e vixiará pola seguridade viaria na rúa mentres duren os traballos.











