Starfigther, Menudeta, Santiago Roma e Mazinger Z proclámanse vencedores do IX Trofeo Acimut Norte de Cruceros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangasDeportesDeportes PortadaLocal
A-
A+
Paso da proba baixo a ponte de Rande

Paso da proba baixo a ponte de Rande

Autenticamente emocionante resultou a segunda e última etapa do IX Trofeo Acimut Norte disputada este domingo coa organización do Fondeadoiro de San Adrián de Cobres e a colaboración do Náutico de Cobres correndo coa dirección técnica a firma náutica especializada Desmarque.

E é que malia que na xornada do sábado o “CODASTE” deu un serio recital en todos os aspectos, a xornada do domingo llelo puxeron moi difícil varios opoñentes xa que a cabeza de frota a liderou amplamente o STARFIGTHER ata a metade do percorrido en Cangas, pero o regreso foi un auténtico calvario de pozos e trampas de vento, aproveitando a conxuntura novamente o MENUDETA que acertou mellor en vos bordos e de novo entrou vencedor en tempo real, o cal lle daba o triunfo absoluto por segundo ano consecutivo. Saída en popa directa espectacular con vento do Leste con 6 nós que durou case ata a metade do primeiro tramo cara a Cangas, momento no que entrou unha virazón do oeste que parecía ía aumentar e durar toda a tarde, pero ao final non foi así, entrando os barcos con contagotas e a maioría fóra do tempo límite. Ao final a proba en Clase 1 foi gañada polo STARFIGTHER seguido do TEAM JANDROCHO e o CODASTE, mentres que en clase 2 gañou o MENUDETA, seguido do “UNUS” e non entrando ningún máis en tempo límite. Feitos os cómputos de ambas as dúas etapas, a clasificación xeral quedou así de igualada.

Clasificación ORC Clase 1

1. STARFIGTHER (First 40.7 – Julio Rodríguez /RCN Vigo), 4 puntos

2. CODASTE (X362 – Nacho Campos / MRCY Bayona), 4 puntos

3.JANDROCHO (Sun Fast 42 –  Roberto Reboredo – CN San Adrián) , 4 puntos

Clasificación ORC Clase 2

1.  MENUDETA (Sun Legende  41 – Victor Carrión / CN Punta Lagoa), 2 puntos

2.  UNUS ( X332 – Luis García  – RCN Vigo), 4 puntos

3.  BALEA DOUS ( Sun Fast  32  – Luis Pérez – RCN Rodeira), 12 puntos

Clasificación ORC Clase 3

1. SANTIAGO ROMA RIAS BAIXAS (Yatlant 24 / Iñaki Carbajo – CN Beluso) 1 punto

2. DEEP BLUE (Yatlant 24 – Vicente Cid – CM Canido) 2 puntos

3. LAGO MARTIÑÁ ( Puma 27-  Gerardo Fdez. – CN Portonovo) 3 puntos

Clasificación sub 23 piés

1. MAZINGER Z (Somo 23 – Jorge Adrio   –   RCN Vigo), 1 punto

2. MARIAVERA (Sun 2000 – Carlos Costas    – RCN Rodeira ), 2 puntos

3. PUNTA LAGOA 1 (Sun 2000 –  Carlos Crespo  – CN Punta Lagoa), 3 puntos

A entrega de premios tivo lugar a continuación na propia Mariña de San Adrián de Cobres, coa asistencia do director xerente de Acimut Norte, D. José Rosales; a Concelleira do Concello de Vilaboa, María Canosa, responsable do porto, Yolanda Lorenzo, entre outros.

2 de setembro de 2013 | 11:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.