“Solventis Eurofers” e “Movistar” sentencian nas modalidades ORC 0-1 e ORC 2 na Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaDeportesLocal
A-
A+
Cenor & Electrolux e Solventis Eurofers

Cenor & Electrolux e Solventis Eurofers

Finalizou en augas da Coruña a 13ª edición da Regata SAR Infanta Elena organizada polo Real Club Náutico Da coruña para as clases ORC e J80.

Cun atraso de media hora sobre o horario previsto, ás 13.00 horas dábase a saída para todas as clases cun vento entaboado do nordés 12-15 nós de intensidade, que ao igual que nas dúas xornadas precedentes se mantivo estable, permitindo completar o programa de probas en todas as clases.

Ademais de contar entre os tripulantes con dous oros olímpicos, Angela Pumariega en Londres 2012, e Fernando Echávarri en Beijing 2008, navegando no “Cenor & Electrolux” e “Movistar” respectivamente. Hoxe uníase á tripulación do “Solventis Eurofers”, Tamara Echegoyen, que xunto á coruñesa Sofía Touro e Angela Pumariega conseguían o ouro olímpico en Londres 2012.

Na clase ORC 0-1 completaron un recorrido barlovento-sotavento, no que se impoñía o “Solventis Eurofers” de Malalo Bermúdez de Castro, por diante do “Cenor & Electrolux” de Martín Bermúdez e do “Gómez” de Andrés Soto. A clasificación xeral final sería para o “Solventis Eurofers” con 6 puntos, por diante do “Cenor & Electrolux” con 10 e do “Gómez” con 12.

Na clase ORC 2 tamén se completou un recorrido barlovento-sotavento, o “Movistar” de Fernando Echávarri impuxo a súa experiencia e dominou a proba dende o comezo, por diante do “G10” de José Naya que non puido facer nada neste tipo de condicións de airexas. En terceira posición clasificábase o “Machichaco” de Angel Quintero. A clasificación xeral final sería para o “Movistar” con 7 puntos, os mesmos que o segundo clasificado o “G10”.

En clase ORC 3 e Especial, a vitoria no costeiro do día e na clasificación xeral sería para o “Argallán” de Domingo Plana do CM Oza, e “Sirio III” de Cándido Losada.

Os J80 que disputaban o quinto Campionato Galego da súa nova historia como clase na comunidade, na xornada de hoxe completaron dous percorridos barlovento-sotavento que llos levaba “Marina Coruña” patroneado por Pablo Martínez, gañando tamén a clasificación xeral con 8 puntos, por diante do “Miudo” de Carlos López con 20 puntos e en terceira posición o “Meltemi” de Guillermo Blanco con 28 puntos.

Ás 17.30 horas celebrábase a entrega de Trofeos nos salóns do Real Club Náutico Da coruña, da man do seu presidente D. Germán Suárez-Pumariega Lores, acompañado polo seu vicepresidente D. Javier Ojea, o Presidente da Federación Española de Vela, D. José Angel Rodriguez, D. Roberto García de la Secretaría Xeral e da Presidenta da Cruz Vermella en Galicia, Dª. Carmen Colmeiro.

A gran cita galega foi posible grazas á colaboración da Autoridade Portuaria do Porto da Coruña, a Capitanía Marítima da Coruña, Estrela Galicia, Coca Cola e Gadis.

2 de setembro de 2013 | 11:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.