publicidade hoxe

Sober acollerá un curso de adestrador profesional de cans

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalSober
A-
A+

03092013-4O Concello de Sober colabora coa empresa Touché experiencias na organización do I Curso de adestrador profesional de cans que se levará a cabo na localidade a partir do 14 de outubro durante catro semanas ininterrumpidas e para o que xa está aberto o prazo de inscrición.

O curso consta de 330 horas teórico-prácticas nas que se impartirá o temario de cualificación profesional adestramento de base e educación canina. Nivel II. BOE 209 do 31 de agosto. A formación está dirixida a traballadores dos Corpos e Forzas de Seguridade, Policías ou a particulares interesados no coñecemento e dominio dos cans.

O Concello de Sober cede a Casa da Cultura para levar a cabo as clases teóricas, mentres que as prácticas se realizarán en Rosende, na finca da Fundación Belarmino. Os interesados poden acadar máis información na web www.toucheexperiencias.com.

Segundo destacan os organizadores do curso, o perfil dos adestradores de cans ten gran demanda no mercado laboral, de maneira que non existe paro no sector. Os interesados nesta acción formativa poden acudir cos seus cans ou participar cun can escola que lles presta a empresa. O título que obteñen é certificado e o temario é o que se esixe para o acceso á función pública.

3 de setembro de 2013 | 17:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.