Servizos Sociais organiza un curso de manualidades para o colectivo da muller

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalRibadumia
A-
A+

A Concellería de Servizos Sociais de Ribadumia organiza unha nova edición do Curso de Manualidades, dirixido ao colectivo da muller. Desenvolverase a partir do mes de novembro no Centro Social de Besomaño. O prazo de inscrición xa está aberto nas oficinas municipais ata o 29 de outubro.

O obxectivo é ofrecer actividades de lecer para este colectivo, a través das que fomentar a creatividade e o traballo en grupo. As clases serán os xoves, durante tres horas a partir do 7 de novembro. Nese tempo, as alumnas aprenderán a elaborar distintos traballos con técnica tridimensional, estaño, madeira, cristal, decoración de escaiola, pintura en tela e en metal, cadros de area e de fío…

Esta actividade pretenden promocionar unha vida activa e facilitar e a socilización das mulleres de Ribadumia

17 de setembro de 2013 | 17:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.