San Cibrao acolle a proba I Trial Cidade de Lugo correspondente á Copa Galega Trial Infantil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioDeportesLocalLugo
A-
A+

A Concellería de Deportes, que dirixe José Manuel Díaz Grandío, informa da celebración o vindeiro domingo, día 8, da proba I Trial Cidade de Lugo correspondente á Copa Galega de Trial Infantil.

A proba disputarase nunha zona cedida polo Concello que está situada en San Cibrao.

Segundo informa a Federación Galega de Motociclismo, entre os participantes estarán, na categoría Xuvenil, o lucense Yago Armesto, o coruñés Alen Damil, 2º clasificado neste momento no campionato e o actual líder Marín Riobo, que tamén é o 3º clasificado da Copa de España de Trial Xuvenil.

Entre os máis pequenos, os alevíns, hai pilotos de entre 6 e 10 anos.

Programa

10:00-10:45 h.

Inscripción e Verificación

11:00 h.

Saída do primeiro participante da categoría de Alevíns (6-10 anos)

12:00 h.

Saída primeiro participante categoría Xuvenís

14:00 h.

Exhibición a cargo de Victor Ares

6 de setembro de 2013 | 18:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.