Samil acollerá a II Carreira Popular de 10 quilómetros en Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Deportes ► Local ► Vigo ▼
A-
A+
Presentación da carreira

Presentación da carreira

Samil será a sede da segunda edición dos 10 quilómetros Praia de Samil, unha carreira popular que percorrerá a Avenida do mesmo nome este domingo, 29 de setembro.

O alcalde presentou hoxe mércores esta proba con Javier Álvarez Salgado, entre outros participantes e colaboradores co evento. Abel Caballero indicou que os organizadores son garantia de “calidade” na celebración da carreira e explicou que o atletismo popular goza dun “bo momento” en Vigo, como amosa os case que 1.200 participantes inscritos este ano, que superan con creces os 900 da edición de 2012.

Os atletas tomarán a saída ás 11 horas do domingo na Avenida de Samil, fronte ao polideportivo, estrada que acolle todo un percorrido homologado pola Real Federación Española de Atletismo. As instalacións deportivas municipais ofrecen servizo de duchas e gardarroupa para os participantes.

De xeito complementario, e previo á saída da proba dos 10 quilómetros, a organización e o Concello programan unha carreira de escolares de 2.000 metros, para aqueles nados entre 1998 e 2003, ademais da patinada popular -xa celebrada o pasado ano-, para todas as idades e con circuitos distintos para iniciados e avanzados na patinaxe.

25 de setembro de 2013 | 19:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.