Salvaterra de Miño acolle as VIII Xornadas de Teatro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalSalvaterra de Miño
A-
A+

Os días 4, 5 e 6 de outubro, a Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA) organiza en Salvaterra do Miño as VIII Xornadas de Teatro Afeccionado, nas Covas de Dona Urraca coa colaboración do Concelllo de Salvaterra. Estas xornadas contarán coa presenza da Federación de Castela e León, cinco asociacións portuguesas coordinadas por Comedias do Minho e a Revista Galega de Teatro; así como outras persoas vinculadas ao teatro afeccionado. A temática nestas xornadas centrarase na promoción e difusión cultural a través do teatro amador

As xornadas de teatro, contemplarán a IV Mesa da Plataforma Transfronteriza de Teatro Amador, plataforma constituida Galicia, Portugal e Castela e León, que centrarán o debate sobre a  proxección do teatro amador, novas perspectivas e as relacións nacionas e internacionais.

A programación estará chega de novidades como a master class de teatro que impartirá Julían Herrero e a celebración do certame de teatro FEGATEA MÓVETE nacasa da Cultura cos grupos de teatro Hipócrita ” Unha historia con pau” unha peza para todos os públicos, o sábado 5 ás 19.00h e Paso de Valverde cunha emotiva peza chamada Sánatos, o domingo 6  tamén ás 19.00h..      

27 de setembro de 2013 | 18:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.