Salvaterra aproba as axudas para a adquisición de material escolar
O Concello de Salvaterra de Miño ven de aprobar, un ano mais, en Xunta de Goberno a concesión das axudas para a adquisición de libros e material escolar para os nenos e nenas de infantil.
Salvaterra foi un dos primeiros municipios en adoptar este tipo de axudas.
Máis de 31 familias recibirán este ano as axudas concedidas polo Concello para a adquisición de libros e material escolar que nacen co obxecto promover o principio de igualdade no exercicio da educación e compensar ás familias con escasos recursos para facer fronte aos gastos derivados da escolarización dos seus fillos











