Sale a concurso a cafetería-restaurante do Pazo da Cultura

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPontevedra
A-
A+

Rematada a concesión da cafetería-restaurante do Pazo da Cultura a 15 de xullo, o Organismo autónomo saca a concurso a concesión até decembro de 2019. O canon que poden ofertar os licitadores non pode ser inferior aos 6.000 euros.

Nos vindeiros días, a licitación sairá publicada nos boletíns oficiais, polo que mentres non se adxudique as instalacións permanecerán pechadas. De todos os xeitos, o Pazo confía en volver a abrir a cafetería e o restaurante este mesmo ano con igual réxime de  explotación: uso para o Pazo da Cultura pero tamén acollendo banquetes, ceas, e celebracións como se viña facendo até o de agora.

13 de setembro de 2013 | 17:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.