publicidade hoxe

Salceda de Caselas organiza unha “Xincana” de sensibilización ambiental para cativos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalSalceda de Caselas
A-
A+
Unha das actividades da xincana

Unha das actividades da xincana

A Concellería de Medio Ambiente ten previsto realizar o vindeiro 21 de Setembro unha xornada de actividades de concienciación ambiental dirixida a rapaces de entre 6 e 14 anos. A cita terá lugar no Parque Recreativo dos Agoeiros a partir das 16:30 h da tarde.

A actividade constará dunha “xincana da natureza” con diversos xogos por equipos nos que primarán a importancia da reciclaxe selectiva dos diferentes residuos, o coñecemento da biodiversidade, e a inmersión no mundo animal…entre outros. Os equipos participantes competirán en equipos demostrando cal é o equipo que combina maior destreza e coñecemento do entorno natural.

Para participar hai que inscribirse previamente no correo electrónico de medioambiente@salcedadecaselas.es ou na Casa da Cultura, ata o 19 de setembro.

A Concellería dirixida por Cándido Lorenzo pretende con esta actividade sensibilizar aos colectivos máis pequenos, pois é nas idades máis temperás onde se deben inculcar os valores da sostibilidade e o respecto polo entorno. O Concello de Salceda de Caselas é consciente da necesidade deste cambio conductual, por elo levará a cabo neste més de Setembro diversas actividades de divulgación e propagación dos valores ambientais aos que poderá asistir todo aquel que desexe. Para calqueira información as persoas poden pasarse polo Concello pola área de Medio Ambiente.

16 de setembro de 2013 | 11:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.