Salceda de Caselas acollerá un obradoiro para a “creación dunha horta ecolóxica”
Xa está aberto o prazo de presentación de solicitudes para o curso “Creación dunha horta ecolóxica” no concello de Salceda de Caselas. Este curso foi solicitado por parte da OMIX de Salceda dependente da Concellería de Mocidade que dirixe Loli Castiñeira, no programa ACTÍVATE 2013 da Deputación de Pontevedra,que se vai a realizar no noso concello.
A importancia da Agricultura ecolóxica nace a partir da preocupación ambiental e alimentaria que nace como consecuencia dos problemas que crean na saúde e no medio os produtos fitosanitarios, e ven a continuar coa implicación que se está a desenvolver por parte do concello de Salceda de Caselas de cara a producción ecolóxica onde se estableceron charlas acerca das vantaxes deste tipo de produtos, cómo se producen e a visita a diversos cultivos ecolóxicos que se están a dar no noso Concello ou concellos limítrofes.
Os destinatarios serán preferentemente mozos/as de entre 16 e 35 anos da localidade, pero poderán presentar a solicitude os as que o desexen xaque non ten caracter excluínte.
No caso de que o número de solicitantes excedese as prazas ofertadas para cada curso, a Deputación confeccionará a relación do seguinte xeito:
1. Persoas desempregadas que non participasen na edición do “Actívate” ano 2012 (segundo o rexistro de entrada)
2. Persoas en activo que non participasen na edición do “Actívate” ano 2012 (segundo o rexistro de entrada)
3. Persoas desempregadas e en activo que participasen na edición pasada
4. Persoas da relación de agarda (persoas doutros concellos ou de idades diferentes a 16-35 anos)
O curso terá unha duración de 40 horas teórico/prácticas e desenvolverase no CDL do Torrón, utilizando tantos as aulas formativas coma o viveiro onde se plantará e coidará un modelo de horta ecolóxica. Se facilitará un modelo de darlle viabilidade as potencialidades do campo e o agro neste contexto de crise e desemprego.
REXISTRO
Para poder inscribirse hai que recoller na OMIX o formulario ou ben baixalo dende a web da deputación: http://www.depo.es/ , dirixirse ata o rexistro do concello. As listaxes dos alumnos aceptados sairán durante o vindeiro mes de outubro.











