Ruxe Ruxe, O Leo i Arremecághona e Overground actuarán de balde no Campo da Feira de Ordes
O próximo venres 6 de agosto o Campo da Feira da Vila de Ordes acollerá un concerto no que actuarán as bandas Ruxe Ruxe, O Leo i Arremecághona e Overground. A cita, da que se poderá desfrutar completamente de balde por parte daqueles que decidan asistir, dará comenzo ás 22.30 horas.
Para levar a cabo este evento os colaboradores contan coa colaboración do Concello de Ordes.











