Rodrigo Costas convértese en protagonista do stage de pretemporada dos árbitros galegos
O domingo 1 de setembro celebrouse en Soutomaior o stage de pretemporada para os árbitros galegos, no que participou o ex árbitro internacional Rodrigo Costas.
A xornada de traballo, organizado polo Comité Galego de Árbitros, comezou coa realización as probas físicas no pavillón por parte dos 80 árbitros participantes, para posteriormente desprazarse ata o Multiusos e celebrar as clases impartidas polo ex árbitro internacional galego Rodrigo Costas. Nesta concentración, as e os colexiados galegos trataron sobre a regla oito do regulamento e ademáis tamén contaron coa presenza do presidente da Federación Galega de Balonmán, José Luis Pérez Ouro, que tamén foi árbitro internacional, e participou no debate, que foi moi aberto e interesante.
Dende a Federación Galega de Balonmán queremos agradecer o apoio do Concello de Soutomaior, para poder celebrar este stage de pretemporada no seu municipio











