Ribadumia renova o convenio co SPAD de Vilagarcía para as actividades no colexio

Sinatura do convenio
O Concello de Ribadumia ven de renovar a colaboración anual co SPAD de Vilagarcía, a través da que se organizan actividades e programas no colexio Xulia Becerra Malvar durante todo o curso escolar para previr e informar sobre o consumo de drogas e alcohol entre o alumnado. Este é o décimo ano no que o Concello de Ribadumia establece esta colaboración co Servizo de Preventivo Asistencial de Drogodependencias.
Os obxectivos que se perseguen a través desta medida son sensibilizar sobre a necesidade de que a familia se implique na prevención do consumo e reflexionar e analizar sobre as consecuencias das drogas. As actividades incluídas desenvolverase durante todo o curso escolar no colexio Xulia Becerra Malvar e están destinadas ao alumnado de educación primaria e secundaria.
Os programas están relacionados coa prevención do consumo de drogas na escola. Algúns dos programas e actividades que se inclúen son saúde na escola –no que se engloba o obradoiro de bebidas saudables, entre outros-; valores a través do cine, ofertando una alternativa de traballo e reflexión atractiva para os alumnos; prevención de drogas, tabaco e alcohol; obradoiro afectivo sexuais…











