Rey Varela transmite as súas felicitacións a Gómez Noya por acadar o título mundial de triatlón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, felicitou hoxe ao triatleta ferrolán Javier Gómez Noya tras proclamarse campión do Mundo na xornada de onte en Londres. O atleta, que recibiu o pasado mes de xuño a distinción de Fillo Predilecto de Ferrol, conseguiu por terceira vez alzarse co título mundial de triatlón na súa carreira deportiva.

O rexedor municipal enviou hoxe unha felicitación   ao xa tricampión do Mundo, despois de facerse co primeiro posto nos Campionatos do Mundo 2008 e 2010. Rey Varela sinalou que este novo fito de Gómez Noya “é moi emocionante para todos”,  destacando a importancia que ten que o que é o mellor deportista na historia da cidade “leve o nome de Ferrol por todo o mundo, cidade da que me consta que se sinte orgulloso e á que sempre regresa cando ten ocasión”.

16 de setembro de 2013 | 17:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.