Restrinxido o estacionamento na marxe esquerda da rúa Campomaior
O Concello de Ordes restrinxirá o estacionamento de vehículos na rúa Campomaior a partir do vindeiro día 11. Concretamente prohibirase o aparcamento na marxe esquerda da rúa nun horario que vai de 9 a 10 horas e de 14 a 15 horas.
Un aspecto que xa foi debatido nun dos últimos plenos celebrados e no que o equipo de goberno local xa amosou a intención de levar a cabo dita medida frente a outras que se decantaban por eliminar as plazas de aparcamento permanentemente. Deste xeito preténdese acabar cos continuos atascos e retencións que se orixinan tanto no horario de inicio como de saída das clases do CEIP Campamaior, ubicado nesta mesma área do centro da vila de Ordes. O tránsito tanto de autobuses escolares como de coches particulares provocan non só problemas de circulación senón tamén outros relacionados coa seguridade vial, polo que o Concello de Ordes confía en que esta decisión facilitará a circulación en ambos sentidos e aumentará a visibilidade tanto de peóns como de conductores. Todo elo sen causar ningún perxuicio aos veciños e veciñas nin aos clientes e usuarios dos establecementos e oficinas desta zona.
Co fin de acadar a mellor das solución a Policía Local de Ordes realizaou un estudio da zona tendo en conta as posibles alternativas para a solución deste problema. En base a éste o Concello decantouse pola restricción de estacionamento por freanxas horarias.











