Restricións ao tráfico pola Volta a Galicia 2013

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Local ► Santiago de Compostela ▼
A-
A+

Este sábado 14 de setembro, ás 13:50 horas, terá lugar a saída dende a nosa cidade da 2º etapa da Volta a Galicia 2013, partindo da avenida de Xoán Carlos I, co seguinte itinerario: Pombal, Galeras, Morón, Salvadas e Vista Alegre. No punto en que esta última conflúe coa estrada a Santa Comba, a saída deixará de estar neutralizada, iniciándose o traxecto por Torreira e Ponte do Romaño, saíndo pola Peregrina (DP-7804).

A partir das 17:30 horas, está prevista a chegada da carreira dende a zona de Montouto (AC-841), incorporándose de novo á cidade, facéndoo por Castiñeiriño, Paxonal, Amor Ruibal, Romero Donallo e Rosalía de Castro, rematando na avenida de Xoán Carlos I.

Por este motivo, quedará prohibido o estacionamento nas avenida de Xoán Carlos I e na Carreira do Conde dende as 22:00 horas do venres 13 ata as 19:00 horas do sábado 14.

Entre as 12:30 e as 14:00 e entre as 17:30 e as 19:00 horas do devandito día 14, producirase o corte total ao tráfico da avenida de Xoán Carlos I.

Na rúa de Montero Ríos circularase eventualmente en sentido contrario ao estipulado dende a avenida de Rosalía de Castro, entre as 12:30 e as 14:00 e entre as 17.30 e as 19:00 horas do mesmo día 14.

O resto das vías que figuran no itinerario serán cortadas de forma puntual e abertas novamente ao tráfico en virtude da marcha da etapa.

Todos os cortes e desvíos estarán debidamente sinalizados e atendidos pola Policía Local coa colaboración de Protección Civil.

O Concello prega aos cidadáns desculpen as molestias que estas alteracións poidan causar.

12 de setembro de 2013 | 17:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.